Medicións feitas
+ 0 K
Investigadores/as
+ 0
Clientes satisfeitos
+ 0
Participantes en estudios
+ 0 K

Quen somos?

O Laboratorio de Radon de Galicia (LRG) é un laboratorio universitario, acreditado por ENAC para a medicion de radon, sen ánimo de lucro e con máis de 30 anos de experiencia na medición de radon.

O LRG elabora o Mapa de Radon de Galicia, que presenta as concentracións de radon en cada concello e sección censual da comunidade galega.

Tamén temos medido radon en 12 provincias españolas por encargo do Consejo de Seguridad Nuclear para a elaboración do Mapa de Potencial de Radon de España.

Radon, qué é e como actúa?

O radon é un gas radioactivo carcinoxénico incoloro, inodoro e insípido que procede da descomposición do uranio presente na codia terrestre. Despois do tabaco, é a segunda causa de cancro de pulmón. En Galicia o 7% das defuncións por cancro de pulmón débense a exposición de radon interior no fogar. Cando os niveis de radon no fogar ou no traballo superan os 300 Bq/m3 habería que actuar para diminuir a concentración de radon.

radon

Se tes niveis altos de radon consulta aquí dúas guías sobre solucións frente ao radon.

Radon, porqué medir con nos?

O Laboratorio de Radon de Galicia (LRG) está acreditado por ENAC para a medición de radon (integrada e en continuo) segundo a norma UNE 17025:2017.

En vivendas novas ou rehabilitadas, onde é obrigatoria a medición de radon, o LRG está acreditado pola ENAC de acordo ao establecido no
Código Técnico de Edificación. O LRG está ademáis incluido no rexistro Relaga do Instituto Galego de Vivenda e Solo (Nº rexistro na Xunta: L-15-064-DR)

O Laboratorio de Radon de Galicia é parte da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e de CRETUS. O laboratorio ten recoñecemento nacional e internacional no ámbito da investigación en radon, tendo participado no informe da OMS sobre radon. Os membros do laboratorio publicaron numerosos artigos científicos e teñen dirixido proxectos de investigación nacionais. Tamén recibiu encargos do Ministerio de Sanidad e do Consejo de Seguridad Nuclear.

O LRG cumple coas recomendacións sobre medición de radon do Consejo de Seguridad Nuclear, tanto en medición de lugares de traballo así como nos fogares, e co establecido no Reglamento sobre protección de la salud contra los riesgos derivados de la exposición a las radiaciones ionizantes.

Mapa de radon en Galicia

Mapa de radon de Galicia, atopa aquí cales son os niveis de radon no teu concello e a tua sección censal.

Noticias

O próximo 15 de abril, ás 19.30h, Alberto Ruano impartirá a charla titulada “Gas radon e os seus efectos sobre...

O día 8 de abril, Alberto Ruano Raviña, impartirá a relatorio “Gas radon: impacto na saúde” na Xornada Técnica “O...

Este luns 23 de marzo, Alberto Ruano Raviña, impartiu unha sesión sobre o protocolo de vixilancia de traballadores expostos a...

O día 11 de marzo, Alberto Ruano Raviña xunto con Xavier Castells coordinasen unha conferencia no Taller 3: Detección precoz...

O pasado martes 24 de febreiro, Alberto Ruano impartiu a charla sobre gas radon, dirixida especialmente á comunidade educativa do...

O pasado 16 de decembro de 2025 celebrouse en Madrid a II Xornada sobre o Plan Nacional contra o Radon,...