EQUIPO
CLIENTES
Saber máis sobre nós
Por que encargar unha medición de radón ao Laboratorio de Radón de Galicia?
Este laboratorio, situado no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, é froito da experiencia acumulada en I+D dende hai máis de 25 anos de profesores e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago de Compostela (IDIS). O Laboratorio participou en numerosos proxectos de investigación nacionais, europeos e norteamericanos e publicou artículos científicos nas revistas máis prestixiosas do mundo, como o British Medical Journal ou Lancet Oncology, sobre o impacto do radón na saúde. Ademáis, dous membros do grupo foron coautores do informe da Organización Mundial da Saúde sobre radón, que é guía de referencia mundial dos expertos en radón interior. O grupo, ademáis, recibiu numerosos premios de investigación.
O Laboratorio de Radón é o laboratorio de referencia do Noroeste de España e líder internacional no estudo do radón sobre a saúde. Actualmente o Laboratorio está participando en diferentes proxectos sobre o impacto deste gas e na súa medición en lugares de traballo do ámbito educativo, hosteleiro e sanitario.
Experiencia do Laboratorio na determinación de radón.
No Laboratorio de Radón de Galicia realizáronse máis de 4.500 medicións de radón interior en diferentes puntos de España, tanto en vivendas como en edificios singulares, moitos deles en lugares de traballo de varios miles de metros cuadrados construídos. O Laboratorio de Radón de Galicia é o segundo laboratorio español con máis medicións de radón residencial. Con parte destas medicións elaboróuse o Mapa Galego de Radón, que presenta as concentracións de radón en cada municipio da Comunidade galega. Todas esas medicións permitiron concluir que Galicia é unha zona de elevada contaminación interior por radón e que son necesarias medidas que protexan á población fronte a este carcinóxeno humano, tal e como recomendan as administracións públicas de outros países do noso entorno.
O Laboratorio de Radón é un laboratorio universitario, sen ánimo de lucro, e como tal, ofrece un servizo á sociedade. Así, cualqueira cidadán pode consultar os niveles de radón do municipio no que reside dende aquí.
This post is also available in: Spanish