Solicitude de medición

Os nosos servizos

Integrada

MEDIDA INTEGRADA

Cumpre co establecido no Real Decreto 1029/2022 de radiacións ionizantes. Segue o procedemento normalizado segundo ISO 11665-4 de longa duración, mínimo de 3 meses, con detectores pasivos CR-39 (Radosys®).

Obrigatoria para calcular a concentración de radon nun posto de traballo, tamén para vivendas novas ou rehabilitadas. Recomendada para o resto das vivendas.
Non precisa de instalación complexa.

Cada pack inclúe dous detectores, as instruccións de colocación e unha enquisa para facilitar o informe posterior.

45,00 € + IVA

(por detector)

 

Segundo o CSN o resultado desta concentración permite estimar o valor medio anual, que pode así compararse co nivel de referencia de 300 Bq/m3 establecido no Real Decreto 1029/2022 de radiacións ionizantes e co Código Técnico de Edificación.

Os resultados da medición son estrictamente confidenciais e remitiránse por correo electrónico a os solicitantes.

* NOTA: Os detectores son colocados na vivenda polo propio cliente. Nos postos de traballo o deseño da mostraxe fica fóra de acreditación.

MEDIDA EN CONTINUO

Só para situacions especificas previa consulta co Laboratorio de Radon de Galicia

  • Exposición de 4 días
  • Precisa instalación e pagamento por desprazamento do técnico.
  • Resultados sobre gráfica da concentración de radon hora a hora.

Para solicitar unha medición contactar co laboratorio

Formulario de solicitude

Para a solicitude de unha medición intergrada é necesario cubrir o formulario:

Tamén é posible recoller os detectores acudindo directamente ao Laboratorio de Radon de Galicia situado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) mediante CITA PREVIA chamando aos teléfonos 981 955 094 ou 981 955 650.

O Laboratorio de Radon de Galicia realizará o servizo necesario para cumprir co Código Técnico de Edificación nas construcións que así o requiran (obra nova ou rehabilitación). No resto dos casos utilizaranse os procedementos propios do LRG baseados nas normas internacionais ISO de medida de radon en aire.

Para solicitar unha medición integrada é preciso cubrir os seguintes datos:

Para orzamentos de máis de 10 medicións contactar

De conformidade co Regulamento UE 2016/679, os datos recabados serán tratados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no tratamento de Xestión do Laboratorio de Radon de Galicia coa finalidade de xestión de usuarios e tarefas de xestión de investigación no Laboratorio de Radon de Galicia.
O responsable de dicho tratamentoé a Vicerreitoría de Vicerreitoría de Investigación e Innovación,Edificio CACTUS 1ª Planta, 15782, de Santiago de Compostela.
O Delegado de Protección de Datos é D. José Julio Fernández Rodríguez, dpd@usc.es
A base de xustificación deste tratamento é o consentimento expresado polas persoas interesadas.
Non se prevén cesións nin transferencias de datos.
As persoas interesadas poden exercer ante o responsable os dereitosde acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da Sede Electrónica de la USC
https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm
Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que consideren oportuna.
No caso de non facilitar o consentimento, os datos non serán tratados pero non se lles poderá ofertar o servizo solicitado.
Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para a que foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais. Cumprida a finalidade, os datos se bloquearán ou eliminaran.
A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en
http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html

Medida realizada, e agora que?

Unha vez feitas as medicións, enviaráse un informe detallado por correo postal cos resultados.

Se os niveis de radon superan os 300Bq/m3 consulten las posibles solucións construtivas para reducir a contaminación por radon da vivenda ou edificio en las guías recomentadas (Guía del CTE: https://www.codigotecnico.org/Guias/GuiaRadon.html)