Estudos en curso
Estudos en Curso
Estudo ATLAS-Radón
Financiado por:
Grupo Español de Cáncer de Pulmón
En que consiste?
Este estudo ten como obxectivo analizar diferentes patróns xenéticos coa exposición a radon residencial. Nel participan máis de 20 hospitais españois achegando casos de cancro de pulmón aos que se lles entrega un detector de radon para colocar no seu domicilio. A todos os participantes realízaselles Next Generation Sequencing, cuxos resultados serán contrastados coa exposición a radon residencial. O tamaño muestral estimado é de 500 participantes de toda España. Na actualidade hai incluídos máis de 300 casos.
RadonBrain
Financiado por:
Instituto de Salud Carlos III
En que consiste?
Este estudo pretende coñecer os factores de risco dos tumores cerebrais (principalmente gliomas e meningiomas) e a súa posible asociación con outros factores de risco, entre os que se atopa a exposición a radon residencial. Ten un deseño de casos e controis e participan 11 hospitais de 4 Comunidades Autónomas. A todos os participantes entrégaselles un detector de radon que é posteriormente devolto ao laboratorio. Na actualidade hai incluídos máis de 70 casos e máis de 30 controis
Proyecto de Ciencia Ciudadana: Teño niveis altos de radon na casa, agora que?
Financiado por:
Concello Social da Universidade de Santiago de Compostela
En que consiste?
Este é un proxecto de ciencia cidadá cuxa finalidade é que persoas con concentracións elevadas de radon no seu domicilio poidan ir paso a paso na solución a este problema guiados por investigadores do Laboratorio de Radon de Galicia. Trátase de contactar con contratistas, pedir orzamentos de remediación, avalialos, executar a remediación e analizar o resultado. Preténdese como produto final desenvolver un manual que poida seguir a poboación xeral para a actuación #ante a situación frecuente en Galicia de atopar niveis elevados de radon no domicilio.
Mapa de Radon de Galicia
Financiado por:
Consellería de Sanidade e fondos propios do Laboratorio de Radón de Galicia
En que consiste?
O seu obxectivo é mellorar a caracterización da exposición a radon en áreas pequenas en Galicia, neste caso a nivel de sección censual e mesmo por parroquias. O obxectivo é ter un número mínimo de medicións por cada área pequena que permitan ir ao detalle da concentración de radon. Para participar, as vivendas deben estar habitadas durante todo o ano, independentemente da altura da mesma.