Medida Integrada
Medida en Continuo
Servicio a medida
QUE MEDIDA É A MÁIS ADECUADA PARA MIN?
MEDIDA INTEGRADA
Procedemento utilizado: PO-03 normalizado segundo ISO 11665-4
De longa duración, mínimo de 3 meses, con detectores pasivos CR-39 (Radosys®).
Aconsellada para valorar en primeiro termo a contaminación por radon dunha vivenda ou posto de traballo. (Se non sabes o que estás a buscar, probablemente sexa isto)
Obtense unha media ponderada dun período longo de exposición e axustada por coeficientes de estacionalidade, ao ter en conta as variacións temporais segundo a estación climatolóxica do ano. Adecuada para colocar en diversas pezas da casa (soto, dormitorio e nos diferentes andares). Non precisa de instalación complexa.
Cada pack inclúe dous detectores, as instruccións de colocación e unha enquisa para facilitar o informe posterior.
Segundo o CSN o resultado desta concentración permite estimar o valor medio anual, que pode así comparse co nivel de referencia de 300 Bq/m3 establecido na Directiva Europea 2013/59/EURATOM.
Os resultados da medición son estrictamente confidenciais e remitiránse por correo postal aos solicitantes, cunha síntesis das medidas xerais para o control de radón na vivenda.
* NOTA: Os detectores son colocados na vivenda polo propio cliente. Deseño de mostreo fora de acreditación.
MEDIDA DE RADÓN EN CONTINUO
Procedemento utilizado: PO-02 normalizado segundo a UNE-EN-ISO 11665-5
Medida de corta duración (entre tres e catro días) co Sistema Scout-SARAD®.
Adecuada para o estudo rápido de niveis de radon, sobre todo en lugares de traballo e en edificios públicos ou despois de facer a medida integrada.
Este sistema permite coñecer os niveles de raiación de forma rápida e exacta.
A utilización deste sistema esixe a sinatura dun documento tipo contrato de aluguer polo tempo da súa colocación, polo que o cliente se compromete á custodia estrita do aparello e garantirá a integridade do mesmo, que de non ser mantida deberá compensarse cunha cantidade equivalente ao valor do sistema avariado.
*O prezo desta medida se verá incrementado con custos de desprazamento (0,19 céntimos por km) e, no seu caso, dietas no día da colocación e no de retirada.
Para a solicitude de calquera das medidas anteriores é necesario cubrir o seguinte formulario:
Tamén é posible recoller os detectores acudindo directamente ao Laboratorio de Radón de Galicia situado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) mediante CITA PREVIA chamando aos teléfonos 981955094 ou 981955650.
O Laboratorio de Radon de Galicia realizará o servizo necesario para cumprir co Código Técnico de Edificación nas construcións que así o requiran (obra nova ou rehabilitación). No resto dos casos utilizaránse os procedementos propios do LRG baseados nas normas internacionais ISO de medida de radon en aire).
De conformidade co Regulamento UE 2016/679, os datos recabados serán tratados pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no tratamento de Xestión do Laboratorio de Radón de Galicia coa finalidade de xestión de usuarios e tarefas de xestión de investigación no Laboratorio de Radon de Galicia.
O responsable de dicho tratamentoé a Vicerreitoría de Vicerreitoría de Investigación e Innovación,Edificio CACTUS 1ª Planta, 15782, de Santiago de Compostela.
O Delegado de Protección de Datos é D. José Julio Fernández Rodríguez, dpd@usc.es
A base de xustificación deste tratamento é o consentimento expresado polas persoas interesadas.
Non se prevén cesións nin transferencias de datos.
As persoas interesadas poden exercer ante o responsable os dereitosde acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través da Sede Electrónica de la USC
https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm
Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a reclamación que consideren oportuna.
No caso de non facilitar o consentimento, os datos non serán tratados pero non se lles poderá ofertar o servizo solicitado.
Os datos serán conservados durante o período no que se realice a finalidade para a que foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais. Cumprida a finalidade, os datos se bloquearán ou eliminaran.
A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en
http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html
MEDIDA REALIZADA, E AGORA QUE?
Unha vez feitas as medicións, enviaráse un informe detallado por correo postal cos resultados.
Poderáse solicitar presuposto para un informe pormenorizado (no caso de que a medida amose resultados de risco), con solucións constructivas para reducir a contaminación por radón da vivenda ou edificio na seguinte páxina web avalada polo Laboratorio deRadon de Galicia:
Servizo de Reducción de Gas Radon na vivenda ou entrono de traballo.
CALIDADE
CALIDADE DOS SISTEMAS DE MEDIDA DO LABORATORIO DE RADÓN DE GALICIA
Nos últimos dez anos o laboratorio someteuse a tres estudos de intercomparación financiados polo Consello de Seguridade Nuclear.
O máis reciente realizase a principios do ano 2013 en Salamanca coa participación de 19 laboratorios de diversos países dea Unión Europea (Inter-Laboratory Comparison 2013). Os resultados dos nosos detectores (identificados como IFC13-20A e 20B) manteñense dentro dos intervalos de confianza das medidas estándar para ambos tipos de detectores, CR-39Z e CR-39B. Todas as medicions están nas dúas categorías superiores de calidade de la medida.
No estudio anterior de 2011, e coa participación de 41 laboratorios europeos (International Intercomparison 2011), as medicions correspondentes ao noso laboratorio (identificado como IFC11_28) manteñense dentro dos intervalos de confianza das medidas estándar. Tanto para as medicions cos detectores de trazas CR-39 como para as medicions en continuo.
No 2005, ano do primeiro estudo de intercomparación púdose observar o grado de calidade das medidas dos detectores de trazas CR-39 do noso laboratorio. As variacions do grupo de detectores nº3, mantuvéronse sempre no intervalo de confianza da medida estándar dada pola Cámara de Radón da Universidade Politécnica de Catalunya, no estudo de intercomparación de 13 laboratorios de radón. As modificacións de temperatura e humidade relativa ás que foron sometidas os detectores non produxeron variacións significativas nos resultados.
CALIBRACIÓN DOS SISTEMAS DE MEDIDA EN CONTINUO Scout-SARAD®
En febreiro do 2015 levouse a cabo a calibración dos sistemas de medida en continuo Scout-SARAD® (Certificado de Verificación 2015-004). Estes sistemas veñen calibrados de fábrica pero é necesaria a súa calibración con certa frecuencia. A verificación dos equipos realizouse a través da comparativa coas medidas rexistradas por un monitor de referencia Atmos12 nunha cámara de radón con atmosfera controlada/coñecida na Universidade de Cantabria. Nos resultados obtidos observouse que as variacións punto a punto das medidas non amosan unha diferencia estatística superior ao 15 % , considerado como referencia certificada.
Click here to add your own text
This post is also available in: Spanish