¡Parabens, Doutora!

¡Parabens, Doutora!

O pasado martes defendeu brillantemente a súa tese doutoral a directora de calidade do Laboratorio, Lucía Martín de Bernardo Gisbert. Esta tese por compendio de artigos e mención internacional, titulada “Estudo do Radon Ocupacional en España” achega un avance moi relevante na abordaxe do radon ocupacional. A mesma, foi dirixida por Alberto Ruano Raviña e Mónica Pérez Ríos.

Agradecemos a todos os presentes, en especial, aos membros do tribunal Ines Mato Naveira, subdirectora de Programas de control de riscos ambientais para a saúde do Conselleria de Sanidade, Virginia Calvo, oncóloga no Hospital Universitario Porta de Hierro e Alcides Pereira, profesor catedrático da Universidade de Coimbra.