O pasado 16 de decembro de 2025 celebrouse en Madrid a II Xornada sobre o Plan Nacional contra o Radon, organizada pola Subdirección Xeral de Sanidade Ambiental e Saúde Laboral do Ministerio de Sanidade, co obxectivo de abordar os avances na mitigación da exposición ao radon e a protección da saúde da poboación e das persoas traballadoras expostas.
Na Mesa dedicada á protección dos traballadores, Lucía Martín Gisbert, directora de calidade do Laboratorio de Radon de Galicia, foi quen presentou o “Protocolo de Vixilancia Sanitaria Específica de Persoas Traballadoras Expostas a Radon”, achegando a súa experiencia e perspectiva técnica neste ámbito.
A xornada, que tamén se seguiu por videoconferencia, contou coa participación de expertos institucionais e técnicos e consolidouse como un espazo crave para fortalecer políticas e prácticas fronte ao radon como risco para a saúde.