Xornada de Prevención de Riscos Laborais

O día 3 de xuño, Alberto Ruano participará na Xornada de Prevención de Riscos Laborais, organizada por comisións obreiras de Castela e León, cun relatorio sobre exposición ao gas radon nos centros de traballo. A mesma celebrarase no Salón de Actos Julián Ariza, Valladolid.

Charla organizada pola Asociación Española contra o Cancro de Ourense

O próximo 15 de abril, ás 19.30h, Alberto Ruano impartirá a charla titulada “Gas radon e os seus efectos sobre a saúde. Da medición á solución”, de entrada libre e gratuíta, organizada pola Asociación Española contra o Cancro de Ourense (AECC Ourense). Celebrarase no Centro Cultural Marcos Valcárcel.Para máis información, poden consultar as redes sociais … Ler máis

Xornada Técnica “O radon no ámbito laboral”

O día 8 de abril, Alberto Ruano Raviña, impartirá a relatorio “Gas radon: impacto na saúde” na Xornada Técnica “O radon no ámbito laboral” organizada polo Instituto Cántabro de Seguridade e Saúde en en Traballo e a Consejeria de Industria, Emprego, Innovación e Comercio do Gobierno de Cantabria.

Conferencia HERCA

Este luns 23 de marzo, Alberto Ruano Raviña, impartiu unha sesión sobre o protocolo de vixilancia de traballadores expostos a radon, realizado en colaboración co Ministerio de Sanidade, ante o HERCA (Head of the European Radiological Protection Competent Authorities). Agradecemos especialmente a invitación.

Ciclo de reflexión sobre prevención e promoción da saúde organizado pola Fundación ”La Caixa”

O día 11 de marzo, Alberto Ruano Raviña xunto con Xavier Castells coordinasen unha conferencia no Taller 3: Detección precoz do cancro: dos programas poboacionais de cribado á práctica clínica enmarcado dentro do Ciclo de reflexión sobre prevención e promoción da saúde organizado pola Fundación ”La Caixa”. Más información: https://palaumacaya.fundacionlacaixa.org/es/p/prevencion-y-promocion-de-la-salud-de-la-evidencia-a-la-accion-macaya

Charla no Concello do Carballiño organizada pola Concellería de Educación

O pasado martes 24 de febreiro, Alberto Ruano impartiu a charla sobre gas radon, dirixida especialmente á comunidade educativa do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) do Concello de Carballiño e á poboación do Concello. A mesma foi organizada a través da Concellería de Educación. A charla abarcou o impacto do radon na saúde da poboación … Ler máis

Tese: Importancia do radon e outros factores de risco epidemiolóxicos na enfermidade inflamatoria intestinal

O día 26 de novembro, María Violeta Mauriz Barreiro, defenderá a súa tese titulada Importancia do radon e outros factores de risco epidemiolóxicos na enfermidade inflamatoria intestinal. Esta tese, foi dirixida por Manuel Francisco Barreiro e Alberto Ruano Raviña. O acto celebrarase na aula Castelao da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, … Ler máis