Workshop I+D+I Canfranc

Do 11 ao 13 de novembro, parte do equipo do Laboratorio participou do Workshop I+D+i sobre Radon celebrado no Laboratorio Subterráneo de Canfranc. Ademais de compartir o noso traballo, puidemos compartir e enriquecernos de moitos outros profesionais que traballan sobre o radon desde diferentes perspectivas.

Novo vídeo: “Teño niveis altos de radon na casa, agora que?”

Xa esta dispoñible o vídeo produto do proxecto de ciencia cidadá “Teño niveis altos de radon na casa, e agora que?”.Neste proxecto, catro veciños de diferentes zonas de Galicia, quen tenian niveis altos de radon, embarcáronse no proposito de remediar nas súas casas para reducilos.Neste vídeo, Sergio e Juan, cóntannos o proceso e móstrannos o … Ler máis

Estratexia Galega Reduce Radon

Hoxe, Dia Europeo do Radon, presentouse a Estratexia Galega Reduce Radon.A Estratexia galega Reduce Radon estrutúrase en cinco eixos estratéxicos para conseguir unha Galicia menos exposta a niveis de radon nos ambientes interiores.Como parte do acto inaugural, precedido polo Conselleiro de Sanidade e a Directora Xeral de Saúde Pública, Alberto Ruano Raviña impartiu a súa … Ler máis

Xornada Aberta: RADON EN GALICIA

O próximo 8 de novembro ás 17.30 hs terá lugar a Xornada Aberta: RADON EN GALICIA. Alí, responderemos todas as túas dúbidas achega do radon. Ademais, poderás ver que fixeron algúns veciños para remedir as súas casas que tiñan altos niveis de radon. Ao finalizar, sortearemos 20 medicións de radon! Desde agora, xa podes contarnos … Ler máis

Xornada MOLINS

O pasado 24 de outubro, Alberto Ruano Raviña, participou da Xornada organizada por Molins. A mesma levou por título “Gas Radon: A ameaza silenciosa que desafía saúde e infraestrutura”. Neste encontro, celebrado no Colexio de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Madrid abordouse o problema do gas radon desde un enfoque transversal co obxectivo de atopar … Ler máis

REPOR- Ambiente tóxico

O Laboratorio de Radon de Galicia explica como se mide o radon en leste programa RTVE Os nosos compañeiros Miguel, Joaquín e Alberto participan nesta reportaxe sobre contaminantes ambientais, explicando que é o radon e ensinado como o medimos desde o noso laboratorio. Podes ver a reportaxe enteira en rtve aquí

Plan Nacional contra o Radon

O Laboratorio de Radon de Galicia na xornada de presentación do Ministerio de Sanidade O pasado 10 de abril presentouse en Madrid no Ministerio de Sanidade o Plan Nacional contra o Radon, onde Alberto Ruano, director do Laboratorio de Radon de Galicia presento os efectos do radon sobre a saúde e o informe realizado para … Ler máis